Máis fondos para as bolsas comedor

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá nunha sesión extraordinaria e urxente un aumento do orzamento destinado á convocatoria das bolsas comedor do curso 20/21 por un importe de 550.000 euros, xa que o crédito asignado resulta insuficiente para responder ao incremento de concesións. O curso pasado concedéronse 1.404 bolsas fronte ás 2.237 deste ano, o maior número de bolsas concedidas polo concello desde a súa posta en marcha.

Do novo crédito, 100.000 euros serán con cargo ao orzamento de 2020 (meses de setembro- novembro) e 450.000 con cargo ao orzamento de 2021 (meses de decembro-xuño).

Tamén se autorizou conceder oito suplementos de crédito por un importe de 232.720,11 euros para o pagamento de varios convenios de 2019 que non foron aboados no exercicio anterior. O financiamento irá a cargo do remanente líquido de tesourería, de novos ingresos ou mediante anulacións ou de baixas de créditos de gasto ou anulacións doutras partidas. A autorización provoca unha modificación no anexo de subvencións nominativas e de investimentos do orzamento deste ano.

Ademais na sesión de hoxe tamén se lle deu luz verde a un cambio nas bases da convocatoria das axudas do Plan de reactivación económica e social para o mantemento e impulso da actividade económica na cidade. O obxectivo que persegue o concello ao cambiar as bases é facilitar aínda máis o acceso ás axudas directas e, deste xeito, evitar que as persoas que soliciten as axudas queden fóra da convocatoria, e axilizar a tramitación das subvencións.

Tamén se aprobou unha modificación do anexo de subvencións nominativas do orzamento 2020 pola que se destinan 12.000 euros á Asociación de empresarios de Agrela para que lles realice unha enquisa de mobilidade ás persoas usuarias, traballadoras/es e clientela do polígono.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s