
Unha pista multideporte completará o espazo de ocio da praza da Tolerancia, en Labañou. A veciñanza viña reclamando dotar ao barrio dunha pista polideportiva, de modo que o Concello cumprirá cun vello desexo cidadán. Esta nova infraestrutura situarase xunto ao parque infantil e á área biosaudable que o Concello está habilitando, con aparatos de ximnasia para persoas maiores.
A alcaldesa, Inés Rey, aseguru que “a actuación busca pór en valor a zona, tanto para o uso deportivo como para o uso lúdico, e facilitarlle á veciñanza a realización de actividades deportivas”.
Os traballos inclúen a construción da pista e a instalación de equipamento. As zonas verdes contarán con árbores.