‘Salas abertas’: música ao vivo e por streaming

Ata 21 actuacións musicais en sete locais coruñeses. Ese é o contido do ciclo ‘Salas abertas’ que o Concello presentou esta maña, unha iniciativa patrocinada polo Consorcio de Turismo. Os directos terán lugar nas salas Filloa Jazz, Filomatic, Garufa, Inn, Mardi Gras, Pelícano e Playa Club protagonizados por bandas da contorna, con estilos que van do punk ao jazz, pasando pola electrónica e o pop, e coa presenza de mulleres en primeira liña.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que é necesario ofrecer máis cultura na actual situación. Á espera das medidas sanitarias que adopte a Xunta na Coruña, toda a cidade poderá desfrutar do programa vía streaming, nas redes sociais e nas webs dos locais. Rey explicou que en caso de que poida entrar algo de público serán as propias salas as que tomen a decisión.

O calendario definitivo, que se coñecerá en breve, desenvolverase na segunda metade de decembro e a primeira de xaneiro. A idea é que teña continuidade para seguir integrando as salas de concertos entre os reclamos turísticos da cidade e, polo tanto, “podermos traballar en común todos os anos nunha programación ou nun festival na liña deste patrocinio”.

A alcaldesa destacou que con esta iniciativa continuarán traballando a prol da cultura: “Non hai unha soa cidade en Galicia e seguramente moi poucas en España nas que a actividade cultural conte cun apoio durante esta crise como o que está dando o Concello da Coruña”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s