A Xunta abre a man coa desescalada pero non altera a mobilidade

Galicia mellora a súa situación epidemiolóxica e relaxaranse algunhas das restricións máis importantes. Esa é a mensaxe que deu hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, logo de que onte o comité do Goberno galego anunciase que as áreas perimetrais de Santiago e Ourense volvían a nivel 2. No caso da Coruña, malia a reapertura da hostalería, non se contemplan cambios na mobilidade.

A segunda onda da pandemia en Galicia encamíñase cara á superación das cifras de falecementos da primeira -619-, pero as autoridades galegas confían nunha desescalada controlada logo dun duro mes de novembro. As medidas tomadas hai un mes contiveron a expansión da doenza e a Xunta abre a man para dar un chisco de aire a sectores coma o da hostalería. Así, dende a media noite deste venres permitirase a interacción social entre persoas non conviventes, en grupos de 4 a 6, en toda Galicia, coas excepcións que impoña en cada lugar a situación epidemiolóxica específica. Recomenda a Xunta, porén, limitar os encontros sociais na medida do posible, en especial no domicilio. Para a Coruña, as xuntanzas poderán ser de ata seis persoas, e a hostalería abrirá ao 40% en interior e 50% en exterior coa mesma restrición nos grupos de persoas. Arteixo, Oleiros, Cambre e Culleredo estarán na mesma situación.

A mobilidade con Portugal durante a ponte restritirase. Mantéñense, ademáis, os peches perimetrais nas zonas en nivel 3 (máximas restricións).

Para levantar esta medida será necesario, entre outros criterios, acadar unha incidencia acumulada de 100 casos por cada 100.000 habitantes ao longode 14 días. O confinamento de 23 a 6h non mudará por agora. A Xunta terá ademáis en conta en conta unha serie de indicadores como a son a incidencia semanal, a positividade global das probas de diagnóstico ou a porcentaxe de casos con trazabilidade. Tamén a ocupación de camas en hospitais e UCI.

Feijoo asegurou que a tendencia de outubro era “preocupante”, pero que a actual situación amosa unha “tendencia sostida e constante á baixa”. Aínda así, o presidente galego amósase preocupado pola situación e confirmou que a desescalada non será igual en todo o territorio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s