Nova oportunidade para o proxecto do corredor verde de Novo Mesoiro

Onte comezaron os traballos de limpeza e roce do espazo que conflúe entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume, en Novo Mesoiro.

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que a zona “estaba totalmente descoidada, o seu acondicionamento era necesario” e que se trata xa “dunha demanda histórica que o actual goberno ten o compromiso de desbloquear”. A rexedora anunciou que “a posta a punto deste espazo será o punto de partida para o proxecto do corredor verde que tantos anos levan reclamando as e os veciños do barrio de Novo Mesoiro”. A decisión tómase tras analizar o Goberno local o estado do convenio e a titularidade dos terreos a raíz da visita da alcaldesa, do concelleiro de Urbanismo e da edila de Medio Ambiente á zona.

Desde o Goberno local aseguran que o proxecto, para o que os veciños e veciñas cederon os terreos pero non se levou a cabo xa que caducou en setembro de 2015,  será retomado e consensuado coa veciñanza. Ademais, considérase imprescindible que o espazo “dispoña de accesibilidade para todas as persoas”, tendo en conta as da terceira idade e as de mobilidade reducida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s