Alerta vermella na costa

Protección Civil Coruña

O Concello Coruña informa de que o aviso de alerta laranxa por costeiros pasa a nivel vermello. En consecuencia, dende hoxe pechará parques e xardíns até as 8 da mañá do luns, 7 de decembro. O concello prevé que os fortes ventos que se esperan durante o día de hoxe causarán incidencias tamén no servizo de recollida do lixo, ao impedir a saída do camión pluma, o que lle afecta sobre todo á recollida de papel e cartón e dos contedores soterrados.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, anuncia que este fenómeno costeiro de risco extremo coincide con mareas vivas e máximos de ondadas próximas á preamar, arredor das 18.40 h. É probable xa que logoe que teña incidencia en puntos sensibles do litoral. Seguridade Cidadá do concello informa deque estarán habilitados todos os dispositivos necesarios ante un posible peche do Paseo Marítimo para as persoas viandantes desde a Coiraza ao Playa Club. Tamén hai un dispositivo establecido para cortar o tráfico de vehículos na mesma zona do Paseo Marítimo, en caso de que sexa necesario. Así como a activación dos servizos de Extinción de Incendios e Salvamento, Servizo Municipal de Protección Civil e Corpo da Policía Local, mentres se manteña activa esta alerta.

Precaución
O Goberno local pide á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante a situación meteorolóxica. Recoméndase non achegarse á zona de costa e lémbrase que o acceso aos areais da cidade non está permitido. Desde o concello comunícase que a Torre de Hércules e o CIAV permanecerán pechados ao público durante toda a xornada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s