Inés Rey: “Faise xustiza”

O Concello da Coruña aplaude a decisión que a xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, fíxo hoxe pública en que se lle prohíbe á familia Franco levarse os bens do interior do Pazo de Meirás, que ademais deberá ser entregado ao Estado o xoves 10 de decembro. A maxistrada rexeitou todas as alegacións presentadas polos Franco e aceptou as peticións da Avogacía do Estado para lle conceder o depósito de todos os bens que hai en Meirás.

O concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín, celebra esta decisión xudicial e considera “lexítimo que a Administración central sexa a depositaria de todos os elementos do Pazo de Meirás”. Celemín tamén destaca que se trataba dunha determinación “urxente” o feito de lles “prohibir aos herdeiros do dictador retirar bens de Meirás despois de facer pública a decisión de baleirar o inmoble”.

Pola súa banda, a alcaldesa Inés Rey sinala que “unha vez máis faise xustiza” e lembra que o Concello da Coruña “segue loitando para que devolvan a Casa Cornide ao pobo”.

Esta situación de bloqueo dos elementos do recinto que foi residencia estival de Franco manterase ata que a sentenza que devolve o pazo ao patrimonio público sexa firme.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s