
Nova derrota xudicial para os Franco no litixio do Pazo de Meirás. O xulgado vén de nomear ao Estado como depositario dos bens de Meirás e mantén a data en que a familia do ditador deberá entregar o inmoble. Nesta situación, o vindeiro día 10, xoves, os Franco deberán entregar as chaves dun edificio do que teñen desfrutado, malia o seu carácter de residencia oficial, durante máis de medio século, mesmo despois da fin da ditadura. A titular do Xulgado de Primeira Instancia nº1 da Coruña, Marta Canales, así o determinou a comezos do mes de novembro.
A xustiza rexeita deste modo as alegacións que os herdeiros de Francisco Franco fixeran sobre as medidas cautelares. Considera a xustiza que era urxente prohibir aos Franco que retirasen obxectos do inmoble, co fin de evitar un expolio patrimonial.