
Os cursos de natación das Escolas Deportivas Municipais en San Diego e Santo Amaro retomaranse dende o vindeiro mércores, 9 de decembro. O Servizo de Deportes reinicia as clases con grupos de seis persoas máis monitor. Polo tanto, os protocolos e condicións que estaban vixentes no momento das suspensións das clases polas medidas da Xunta volven estar vixentes neste reinicio.
Desde Deportes explican que como o luns 7 de decembro é día non lectivo, de acordo co calendario escolar, as escolas de natación comezarán o día 9 de decembro. As piscinas funcionarán ao 50% da capacidade.