“Nula previsión” da Xunta co deporte local

O concello ínstalle á Xunta a que rectifique o “Proxecto de Orzamentos de 2021”, que se implique co deporte e que destine máis investimentos a construír e mellorar as instalacións da cidade, ao ser o órgano con competencias exclusivas nesta materia. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que o Goberno autonómico non inclúe apenas partidas nesta área, “o que suporía un abandono total das infraestruturas pola súa parte”, que xa en 2020 deixou sen orzamentos. Aínda que non lle corresponde, a edila recorda que o Concello é a única Administración que inviste actualmente no mantemento da maioría destas infraestruturas e atende as principais demandas dentro das súas posibilidades orzamentarias.

En María Pita, engade, a práctica deportiva sempre foi unha prioridade de cara a fomentala e traballar coas entidades, que son ao final as que realizan o servizo. De feito, o Goberno local asignou unha concellería integramente a promover o deporte, sobre o que a Xunta ten responsabilidade “exclusiva”, segundo o reflicte o propio Estatuto de Autonomía de Galicia: “Parécenos moi preocupante que no proxecto de orzamento que saíu a semana pasada, dos máis de 6 millóns de euros que a Xunta reserva para o deporte, só un 8,64% lle corresponde á provincia da Coruña, cando a cidade ten o 10% da poboación galega e a provincia o 41%”. 

Ante a nula previsión da executiva de Núñez Feijóo para o ano que vén, “esixímoslle que aumenten as cantidades dirixidas ás instalacións que tanto servizo lle dan á cidadanía”, afirmou a edila.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s