O PRESCO enche a cidade de cultura

O PRESCO cultural deulles cabida a un total de 134 actuacións de música, humor e teatro, repartidas por 43 prazas da cidade, e que axudaron tamén a promover o consumo na hostalaría local cando esta puido estar aberta. A veciñanza contou este outono cunha programación activa que desfrutou durante 32 días e que reverteu en 27 horas coa risa posta, 55 desfrutando da música en directo e 52 de espectáculos pensados para o público adulto e o infantil. A alcaldesa e responsable de Cultura, Inés Rey, destacou que este programa é un exemplo do grande esforzo que está realizando o Goberno local por manter a cultura viva, que é unha das súas prioridades nesta crise. O PRESCO fixo que subiran ao escenario 280 profesionais, entre creadoras/es e persoal técnico. En concreto, participaron 66 artistas e empresas da cidade e 25 máis especializadas en tarefas de deseño de programación e produción.

Cun orzamento de 300.000 euros, o PRESCO cultural chegou a todos os distritos, desde Monte Alto a Palavea ou Vioño. A cidadanía citouse até 17 veces na zona centro, 14 na praza de María Pita e Cidade Vella; e cinco, en Oza-Gaiteira-Os Castros. A iniciativa organizou oito eventos en Labañou, sete na Agra do Orzán, cinco no Ventorrillo, tres na Sagrada Familia, catro nos Mallos e seis en Catro Camiños. Monte Alto desfrutou dun total de nove actuacións, O Castrillón de tres e Matogrande de catro.

O programa pasou até en catro ocasións por Palavea, tres por Vioño e seis polos Rosales. Cinco espectáculos concentráronse en Novo Mesoiro e catro tiveron lugar no Barrio das Flores. Por último, en Riazor déronse nove eventos, cinco en Eirís e sete entre Elviña e Monelos.

O PRESCO cultural rematou polo momento mais o Concello seguirá apoiando a cultura que se degusta en directo cun novo programa “Cultura a cuberto”, que está tendo lugar este mes de decembro no Fórum Metropolitano e o Centro Ágora. A novidade acollerá até 30 actuacións gratuítas de teatro, cine, danza, música e circo e que, reforzan a idea municipal de que a cultura non pode invernar.

Ademais, xa comezou o ciclo “Salas abertas” en que sete locais da cidade ofrecerán 21 concertos en directo ou vía streaming, en función das restricións pola pandemia que marque a Xunta para eses días. Cunha partida de máis de 100.000 euros, o cartel estará composto por bandas da contorna, con estilos que van do punk ao jazz, pasando pola electrónica e o pop, e coa presenza de mulleres en primeira liña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s