Cabalgata sen grandes grupos por Reis

O Concello da Coruña programará este ano unha cabalgata especial a tarde do 5, en que os Reis Magos realizarán un percorrido extenso por toda a cidade en vehículos especiais co fin de que non se produzan aglomeracións. Por outra banda, Papá Noel visitará os centros cívicos todas as tardes desde hoxe até o día 17. Ademais, as e os nenos poderán enviarlles as súas cartas tanto a Papá Noel como ás súas Maxestades a través de caixas do correo instaladas nos barrios.

Por outro lado, o Belén Municipal inaugurarase este venres e estará aberto ao público todos os días, das 11.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 20.30 horas con todos os protocolos de seguridade axeitados á situación epidemiolóxica. A alcaldesa, Inés Rey, afirmou que o Concello pretende que o Nadal coruñés sexa unha homenaxe a toda a xente que traballa nos servizos esenciais. Por esta razón, unha representación delas e deles acenderon a semana pasada as luces e a figura que se incorporará este ano ao belén será unha muller aplaudindo. En todo caso, serán unhas festas diferentes para desfrutarmos na casa e vivirmos nos barrios que contarán con máis iluminación de Nadal e con numerosas actividades de animación na rúa: “Este ano toca estar coa familia máis achegada e consumir no comercio de proximidade. Toca asomármonos ao Nadal con responsabilidade e prudencia”, sinalou a alcaldesa.

Papá Noel estará até o 17 nos trece centros cívicos da cidade, das 16.30 ás 20.30 horas: San Diego, Monelos, Eirís, Castrillón, Mallos, Labañou, Os Rosales, Novo Mesoiro, Elviña, Novoboandanza, Monte Alto, Cidade Vella e Palavea.

As crianzas entrarán na sala unha de cada vez e terán 10 minutos para estaren a soas con Papá Noel.

A sala ventilarase cada hora e procederase á súa desinfección.

Para poder visitar a Papá Noel, as persoas interesadas terán que chamar ao centro cívico e reservaren unha hora de visita. Tamén poderán acudir directamente ao centro cívico e, no caso de que non haxa ninguén agardando, poderán pasar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s