O Concello avaliará se a cidade é accesible

Unha guía realizada de forma colaborativa pola Fundación Abrente e o Concello avaliará que as 198 áreas da cidade presenten parámetros adecuados de accesibilidade. O concelleiro de Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, presentou esta mañá en Matogrande o proxecto de accesibilidade para os parques infantís, froito desta colaboración. Segundo a alcaldesa, Inés Rey, “a idea é conseguir a accesibilidade en todos os parques a medida que teñamos eses análises”.

A iniciativa xurdiu do traballo de fin de grao de Sara González, que analizou os 30 que existen nos distritos 6 e 10. O edil sinalou que “nos pareceu interesante e necesario” e que ter unha diagnose do conxunto lle permitirá ao Concello programar melloras naqueles parques deficitarios: “Vainos vir moi ben á hora de construírmos novas instalacións ou de cara á rehabilitación das que están deterioradas”. O concelleiro recordou que está en proceso de licitación o contrato de mantemento destas áreas infantís, polo que “incorporaremos a guía aos traballos que afronten as empresas adxudicatarias para mellorar distintos elementos”.

Villoslada lembrou que neste materia se incrementou o orzamento co obxecto de substituír parte dos solos destas infraestruturas e renovar o dos Rosales: “Tamén se abriu o do Castrillón e se incorporaron novos xogos nas Conchiñas”.

Pola súa parte, a autora do proxecto sinalou que hoxe pola tarde o Concello, a fundación e os promotores da idea reuniranse coas entidades e asociacións que traballan no ámbito da diversidade funcional para axustar os criterios da guía e ver máis polo miúdo as necesidades que teñen os distintos colectivos.

O presidente da Fundación Abrente, Ángel López, recordou que se deben abarcar todas as discapacidades: “Non só é adaptar un bambán a unha cadeira de rodas, tamén se trata de que se poida montar nel unha persoa invidente ou con parálise cerebral”. O responsable da asociación agradeceulle ao Concello o seu apoio para avanzar e “facer as cousas ben”. O obxectivo pasa por completar o traballo o ano que vén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s