“Memoria democrática” no Pazo de Meirás

González Formoso afirma que “a recuperación da memoria democrática debe xogar un papel fundamental” nos futuros usos do Pazo de Meirás

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, considerou que a xornada de hoxe será “unha data histórica para a recuperación da democracia do noso país”, xa que despois de 82 anos en mans da familia Franco, o Pazo de Meirás volve ao patrimonio público, cumprindo así a sentenza ditada polo xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña.

Así o manifestou ao remate da reunión convocada na tarde de onte na Delegación do Goberno en Galicia a instancias da vicepresidenta primeira do Goberno de España, Carmen Calvo , na que participaron tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Sada, Benito Portela.

“A devolución do Pazo ao patrimonio público non sería posible sen o compromiso do actual Goberno de España”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, que lembrou que o anterior Goberno por medio de Soraya Saéz de Santamaría tivo “unha denegación expresa” á petición por escrito formulada desde a Deputación para iniciar os trámites de cara á recuperación do inmoble para o patrimonio público.

“Quero agradecer ao Goberno que como mínimo o intentara despois de 80 anos”, afirmou Formoso, que sostivo que na reunión se fixo “unha reflexión conxunta entre todas as institucións implicadas” para definir a futura xestión e os usos do Pazo “entre os que a recuperación da memoria democrática debe xogar un papel fundamental”, afirmou.

González Formoso destacou tamén o papel que desenvolveu a Deputación para cumprir “a xusta reivindicación da sociedade galega” de que o Pazo pasara a formar parte do patrimonio público, impulsando en 2017 a Xunta Pro Devolución do Pazo, unha plataforma na que están integradas diversas institucións e entidades relacionadas coa historia Meirás e en cuxo seo se elaboraron informes xurídicos e históricos que avalan a teoría dunha “compra simulada” do inmoble por parte da familia Franco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s