Éxito 10 recoñece a quen emprende

O concelleiro de Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, entregou esta mañá no Centro Municipal de Empresas de Agrela os premios ás e aos gañadores do Concurso Éxito10, con motivo do seu décimo aniversario. A iniciativa distinguida co primeiro galardón foi Queluzca, de Carlos González, especialista no asesoramento e a comercialización enerxética, de luz e de gas e mais de fontes renovables. De segunda quedou a proposta de Berta Cuesta, Aloja Plus Coruña, unha plataforma en liña que dá solucións á busca de aloxamento, ofrecendo unha alimentación saudable e a creación de espazos en orde e limpos. Co terceiro premio distinguiuse a Miguel Sánchez por Homemate, que se dedica a servizos de xestión de alugueiro, especialmente o residencial pero tamén vacacional, así como a compravenda de inmobles e a intermediación para o traspaso de negocios.

Na xornada organizáronse tamén dúas mesas redondas en que se trataron cuestións relacionadas cos negocios dixitais e a busca de investidores. Nelas participaron responsables de firmas de marcado carácter tecnolóxico co fin de compartiren as súas experiencias e co denominador común de seren “viveiristas” deste centro municipal e mais do de Accede Papagaio. O edil destacou que a posta en común serviu así para coñecer fórmulas de financiamento non convencionais e coñecer os proxectos premiados e a pegada que están deixando nos sectores inmobiliario e comercial.

Con estes galardóns, o Concello pretende dinamizar e optimizar estes espazos co fin de que as e os coruñeses desenvolvan iniciativas emprendedoras nun contexto favorable e mellorar deste xeito o tecido empresarial do municipio. As recompensas consisten en estadías gratuítas no Centro Municipal de Empresas de Agrela e un tempo de mentorización ou titorías personalizadas nas áreas de xestión que consideren máis necesarias, así como un vídeo promocional para o primeiro dos premiados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s