Importante doazón de libros á Casa Museo Casares Quiroga

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, inaugurou hoxe na Casa Museo Casares Quiroga da placa de agradecemento á familia Alvajar pola cesión, a través do Ateneo Republicano como anterior depositario, de preto de 3.000 libros, “documentos imprescindibles da historia de España, ensaios e republicanismo”, apuntou o edil. Celemín explicou que a doazón permitirá que finalmente os fondos descansen “nun punto de referencia do republicanismo na cidade”, que terá desde hoxe un valor engadido.

Pola súa parte, o representante familiar, Juan Pérez Alvajar, agradeceulle ao Concello a xestión que se iniciou en 2019 e que leva a que estes exemplares se depositen na que fora casa dun “insigne político republicano, que representa o período de España en que máis se fixo polo libro e a lectura, polo que non poden ter mellor destino”. Sinalou que se trata dunha biblioteca concibida desde finais dos anos 60, e que inclúe toda a época do ‘boom’ do libro de ensaio, con referencias sobre a historia de España, a das ideas e mais das ciencias políticas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s