A Policía Local refórzase con 24 novos axentes

A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, e o concelleiro de Réxime Interior, José Manuel Lage, recibiron esta mañá no pazo municipal de María Pita as e os 24 novos policías locais. As novas e novos funcionarios de carreira incorpóranse inmediatamente ao cadro do persoal, tras completaren o seu período de formación na Academia Galega de Seguridade entre os meses de abril e novembro.

No discurso de benvida, a rexedora sinalou que agarda que as novas e os novos policías locais constitúan “ese apoio tan necesario á cidadanía nuns tempos tan complicados como os que estamos a vivir” para que, deste xeito, “poidan defender as ordenanzas municipais, velar pola seguridade de todas as veciñas e veciños e garantir o servizo público”. Rey salientou que se trata da promoción de axentes máis ampla desde 1992, o que “reforza o compromiso do Goberno local polo emprego público e polo servizo de seguridade cidadá.”

A alcaldesa afirmou sentirse especialmente orgullosa do aumento da presenza de mulleres no corpo grazas a esta promoción, en que, dos 24 axentes, catro son mulleres, e reiterou a aposta decidida do concello pola incorporación plena da muller en todas as forzas e corpos de seguridade, que “non é algo novidoso, xa que están inscritos nunha estratexia de emprego público que se está plasmando nas novas convocatorias”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s