
O Goberno galego está a tramitar o proxecto das Percebeiras cunha declaración ambiental simplificada. A Xunta está así a piques de dar luz verde a un proxecto crucial no proxecto de cidade do Concello. O executivo de Feijoo muda o seu criterio respecto a 2017 e avala así a construción de máis de 350 pisos no literal de Labañou. A Xunta considera aceptable a proposta de integración paisaxística e considera que a disposición dos espazos permitirá unha permeabilidade visual que non romperá a paisaxe.
O plan para Labañou, aprobado en xullo pola xunta de goberno, prevé que 150 pisos do polígoño de Labañou sexan destinados a vivendas de protección oficial, ademais de construír un aparcadoiro público con 358 prazas de capacidade que paliará “o déficit de prazas” no barrio,