Obradoiros infantís de cociña nos mercados durante o Nadal

ste Nadal os sete mercados coruñeses acollerán obradoiros infantís de cociña para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Estes talleres, organizados pola Concellería de Comercio, Mercados e Barrios, contarán coa participación de dúas grandes figuras da cociña a nivel nacional: Sara Lúa, concursante de Máster Chef 8, e Adrián Felípez, cociñeiro coruñés do restaurante Miga e do Hünico do hotel Hilton.

Este sábado, 19 de decembro, comeza no mercado Eusebio da Guarda o primeiro dos sete obradoiros. Desenvolveranse todos en horario matinal, das 11.00 ás 13.00 h. O 23 de decembro será a quenda do mercado das Conchiñas; o 24 no mercado Ramón Cabanillas; o día 26 no mercado de Santo Agostiño; o 28 no mercado de Elviña; o 29 no mercado de Monte Alto; e o 30 de decembro no mercado de Durmideiras.

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, sinalou que “os mercados municipais son unha prioridade para este goberno” e lembrou que “o Nadal é unha data en que as coruñesas e os coruñeses viven e desfrutan dos mercados, dos seus postos e produtos, e das actividades e mercados temporais que se realizan no seu interior”.

Sara Lúa participará nos obradoiros dos mercados Eusebio da Guarda, As Conchiñas, Ramón Cabanillas e Santo Agostiño. Pola súa banda, Adrián Felípez estará nos obradoiros de Elviña, Monte Alto e Durmideiras.

Cada obradoiro contará cun máximo de 15 menores e manteranse en todo momento as distancias de seguridade e mais as medidas hixiénicas para evitar que se propague o virus. As prazas serán asignadas seguindo a estrita orde de inscrición, que remata o xoves 17 de decembro. Pódense anotar todas as nenas e nenos desde os 6 anos (2014) até os 12 anos (2008)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s