República Musical Mardi Gras: a música organízase

A Asociación Cultural República Musical Mardi Gras suma xa 400 socios no seu primeiro mes de vida. A iniciativa naceu a mediados de novembro para axudar ao sector musical e ás salas de concertos na actual situación. A cifra de asociados medra día a día.

A primeira acción da asociación foi entregar 2.500 euros a catro salas de concertos da cidade que compartiron diversas iniciativas durante a pandemia. Esta acción vai repetirse a fins deste mes cunha nova achega cuxo importe dependerá do número de asociados.

A asociación prevé editar o vindeiro ano un CD recompilatorio con cancións de bandas e artistas membros. Os cartos recadados destinaranse a artistas, persoal técnico e outros actores da actividade musical que pasen por necesidades económicas.

A República pretende ser, segundo os seus creadores, un “elemento dinamizador da cultura musical no seu máis amplo senso”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s