Moitas ideas no último ‘Sementando participación’

O programa ‘Sementando participación’ chegou ao seu final esta mañá. A iniciativa ten como obxectivo a participación infantil para que as nenas e nenos coñezan e practiquen técnicas, ferramentas e habilidades para a participación cívica. É unha iniciativa da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación coa colaboración da ONG Educo.

A pandemia impediu desenvolver de forma presencial o acto final desta terceira edición, que se levou a cabo por videoconferencia con streaming na web do Concello. O equipo de goberno local participou no acto dende o Salón Dourado de María Pita, nun acto onde tamén tomou parte o alumnado de 5.º curso de Educación Primaria dos colexios CEIP Alborada, CEIP Manuel Murguía e Colexio Fogar de Santa Margarida. Entre ambos os tres colexios xuntaban sete aulas e 175 estudantes.

Foron precisamente os alumnos e alumnas as principais voces do acto, trasladando ata 28 propostas ao equipo de gobernó sobre temas tan dispares como seguridade viaria nas contornas escolares, flora da ciidade, campamentos municipais ou solidariedade. Houbo mesmo unha proposta para mellorar os semáforos da cidade ou un sistema para limpar os residuos nas praias municipais que atraparía os plásticos pero non os animais.

A alcaldesa, Inés Rey, aseguroulles aos rapaces que a súa participación “implicará cambios e melloras moi importantes na nosa cidade” e agradeceulles as súas “propostas solidarias”. Rey sinalou que as súas son “suxestións que teñen reflexo na acción de Goberno” e asegurou que, aínda que se soe dicir que as e os nenos sodes o futuro, “eu creo que sodes o presente, un presente ao que escoitamos e lle facemos caso”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s