Unha campaña lembra a necesidade de reciclar neste Nadal

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asistiu esta mañá á instalación dunha árbore de Nadal de 4 metros de altura formada por 64 pequenos iglús na praza de Lugo, que forma parte da campaña en que o concello colabora con Ecovidrio para concienciar a poboación sobre a importancia de reciclar este tipo de envases durante as celebracións do Nadal. Nestas datas, explicou a concelleira, consúmense o 20% dos envases de vidro que se reciclan nun ano. Fontán estivo acompañada no acto polo xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández.

Xunto á árbore, a compañía Disney instalou tamén un colector destinado á reciclaxe de vidro, co lema “Estas navidades, reciclar vidrio es mágico”. A Coruña foi elixida xunto a outras nove cidades españolas para pór en marcha esta iniciativa.

A concelleira destacou a importancia de campañas deste tipo, en que se implica as nenas e os nenos, e nos axuda a formarmos as novas xeracións comprometidas coa cidade do medio ambiente. “É unha forma moi orixinal, bonita, de contribuír a que a nosa cidade sexa un exemplo de coidado do medio e de reutilización dos envases de vidro”, manifestou a concelleira.

Ademais, Ecovidrio habilitou un posto de información, en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, en que educadoras/es medio ambientais informan a cidadanía sobre os beneficios ambientais ao reciclar envases de vidro. Ademais, sortearanse 100 iglús entre as persoas visitantes, mediante un sorteo virtual de “rasca e gaña”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s