
O trofeo Teresa Herrera realizou hoxe a súa 75 edición a pesar da pandemia. Desta maneira, o torneo decano dos amigables venceu á Covid-19 nunha xornada de fútbol atípica en Riazor. Nesta edición diferente, derivada da pandemia, regresou a súas orixes solidarias, axudándo ás entidades benéficas e homenaxeando o fútbol modesto.
Así, os fondos recadados hoxe destinaranse ao Proxecto Convivindo, da Fundación Amigó, un servizo gratuíto que pretende darlles unha resposta especializada a aquelas familias que se atopan en situacións de conflito e en risco de exclusión social.
A alcaldesa, Inés Rey, entregou aos participantes unha Torre de Hércules de Sargadelos ao remate dos encontros, tanto no partido masculino coma no feminino. Ao mediodía disputouse a final masculina, que enfrontou ao Deportivo con un combinado de xogadores de fútbol modesto. Mentres, pola tarde a final feminina disputouse entre o Deportivo Abanca e o Victoria C.F. En ambos os dous partidos o de menos foi o resultado.
O Concello xa anunciou hai uns días que destinará o aforro derivado do gasto do tradicional trofeo a gasto social.