O Sevmorput pasa fronte a Galicia baixo vixilancia

Barco ruso Sevmorput

O barco ruso de propulsión nuclear Sevmorput, único cargueiro do seu tipo no mundo, pasou xunta as costas galegas esta madrugada, baixo a permanente vixilancia da Dirección Xeral da Marina Mercante (DGMM). O Goberno central reforzou o control nas últimas horas a través do Centro de Coordinación Nacional de Salvamento Marítimo e en colaboración co Consello de Seguridade Nuclear. O buque, camiño de San petersburgo, pasou a só 50 millas das costas de Galicia.

O Sevmorput non notificou ao Organismo Internacional de Enerxía Atómica ningún tipo de incidente nuclear durante a travesía, como tería que facer se houbese risco de liberación de material radiactivo. O sistemas de vixilancia radiolóxica ambiental tampouco detectaron medidas anómalas ao seu paso polas Canarias.

O barco chegará a Rusia o 31 de decembro. A súa velocidade é mínima debido a unha ruptura na hélice.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s