Os Franco queren levar os bens da Casa Cornide

O BNG denunciou esta mañá o suposto intento da familia Franco de levar os bens que se atopan no interior da Casa Cornide, na Coruña, pouco despois da entrega das chaves do Pazo de Meirás e en plena ofensiva municipal para recuperar este espazo.

A organización nacionalista asegura que foi alertada por veciñanza da Cidade Vella da presenza dunha furgoneta diante do palacete e de que estaban a cargar o vehículo con bens que se atopan no interior da casa. Para o Bloque isto é un síntoma de que os Franco “queren evitar que pase o que en Meirás: que se faga un inventario do que contén a Casa Cornide para evitar que o leven de alí”.

Os nacionalistas urxen a avanzar na recuperación da Casa Cornide formalizando a demanda para que o palacete sexa de titularidade coruñesa e se faga un inventario dos bens no interior “para evitar calquera tentativa de saqueo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s