As festas péchanse con 6700 casos de COVID-19 en Galicia

Inicio da campaña de vacinación da Covid-19 na residencia de maiores Porta do Camiño, Santiago de Compostela. A primeira vacinada foi a usuaria do centro Nieves Cabo Vidal, seguida polo oficial de cociña do mesmo José Antonio Fuentes Arcay.27/12/20.

A última actualización de casos de COVID-19 en Galicia, logo do Día de Reis, e tras as tres aperturas de mobilidade entre concellos perimetrados provocadas polas festas, confirma que hai 6.700 casos activos de COVID-19 na comunidade. Isto supón un incremento en máis de 1000 casos activos dende a Noiteboa. O 24 de decembro eran 5.655.

Actualmente, hai 1.470 persoas con COVID-19 na área da Coruña, 619 na de Lugo, 764 na de Ourense, 735 na de Pontevedra, 1.260 na área de Vigo, 1.453 na de Santiago, e 399 na de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 362 en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.303 persoas curadas, rexistrándose 1.431 falecementos.

Recomendacións
Dende a Consellería de Sanidade volven reiterar recomendacións como a adopción de medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións. Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Ata o Día de Reis administráranse en Galicia 18.500 doses da vacina a preto de 12.000 persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s