Irene González, a pioneira do fútbol

Neste 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, pódese recuperar a figura de Irene González Basanta (1909-1928, nada e finada na Coruña). A porteira xogou nun equipo federado que se chamaba Irene FC e considérase a primeira xogadora de fútbol a nivel galego e español.

Aínda que é lembrada como porteira e capitá do seu equipo, comezou a xogar no infantil Racing-Athletic como dianteira centro. A memoria que deixou na Coruña foi a dunha grande gardameta á que era difícil meter un gol.

En 1927 tivo que deixar de xogar, xa doente de tuberculose, enfermidade que acabaría coa súa vida ao ano seguinte. Antes da súa morte, recibiu colectas de solidariedade na Coruña, Ferrol e Betanzos xuntadas entre a afección do fútbol.

Durante a súa carreira disputou encontros por toda Galicia, en lugares tan dispares como Ferrol, Noia ou Monforte.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s