Bombeiros, unha forza preparada en 10 minutos

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, acompañado do responsable da área, Carlos García Touriñán, presentou hoxe a Memoria Bombeiros 2020, que recolle un total 1.504 actuacións, o que supón unha redución do 21% no número debido á pandemia da COVID 19. O edil sinalou que o ano pasado se realizaron 137 intervencións urxentes e o tempo de chegada ao sinistro foi de 10 minutos no case 80% dos casos. “Un total de 409 intervencións, a gran maioría urxentes, solucionáronse en menos de 30 minutos, mentres que o 56% dos sinistros se solucionaron en menos de 45 minutos”, dixo.

O concelleiro, que lle mostrou ao persoal traballador o apoio total do Goberno local e lles agradeceu a súa vocación e compromiso, destacou que este ano marcado pola crise sanitaria o servizo de bombeiros tivo que cambiar o seu sistema de traballo para garantir no só a seguridade da veciñanza, senón tamén a seguridade do persoal traballador a quen felicitou polo traballo realizado: “Redobraron o seus esforzos nas tarefas habituais, ao dividiren o servizo en dous parques, seguindo uns protocolos moi estritos tanto no labor no parque como nas intervencións”.

Neste senso, os bombeiros estrean hoxe un servizo de información en liña a través do cal informarán en tempo real a veciñanza das actuacións que están a desenvolver. A cidadanía poderá acceder ao mesmo a través da páxina web do Concello. O obxectivo, explicou o concelleiro, é acadar unha mellor comunicación e para iso abrirase un bot de Telegram.

Borrego sinalou que o servizo de bombeiros é punteiro non só en Galicia, senón en España, con unidades como a de Prevención que este ano realizou os cursos en liña adaptándose á nova situación. E destacou o incremento da cifra de rescates de persoas (95) que eran labores que antes realizaba a Policía Local “e agora en época de pandemia realizan os bombeiros por teren os EPIS máis adecuados”.

Ademais, fixo unha mención especial para o grupo de rescate acuático que se adestra durante todo o ano para estar no menor tempo posible en calquera punto do litoral en que sexa requirido, e tamén o labor de prevención que realiza cando están activas as alertas por temporais.

Canto ás visitas ao parque, no ano 2020, e debido ás medidas de contención tomadas para evitar a propagación da Covid-19, foron suspendidas no mes de marzo todas as visitas ao parque, polo que as cifras estatísticas deste ano nese capítulo son moi baixas. Aínda así foron recibidas no parque 35 colectivos do Concello da Coruña cun total de 88 docentes e 805 alumnas e alumnos.

Tamén houbo un descenso do 40% nos incendios forestais e os urbanos baixaron un 45%., cun total de 146. En reténs de seguridade houbo un total de 43 actuacións. Este ano aumentou o tempo (378 horas) destinado á revisión de hidrantes. Para o 2021 hai un proxecto de reposición para mellorar a rede de hidrantes e a súa sinalización, en que se instalarán máis de 160 hidrantes e se sinalizarán máis de 340.

Borrego tamén apuntou que debido á pandemia as actuacións se repartiron entre todos os días da semana cando en anos anteriores se concentraban máis durante as fins de semana. Por meses, pódense establecer dous grandes bloques onde se realizaron máis actuacións: nos meses de inverno de decembro a febreiro, e logo un segundo bloque, os meses de xuño a agosto.

O edil subliñou que o Concello segue apostando polo servizo: “Este ano superarase o millón de euros en investimentos e os 400.000 euros en tarefas de mantemento e gastos”. Ademais, por segundo ano consecutivo pasan das 100 traballadoras/es no cadro de persoal.

O parque de bombeiros conta con 4 vehículos de altura, 9 vehículos autobomba, 14 vehículos lixeiros, 6 vehículos de varios usos, 2 contedores un deles o posto de mando, 6 remolques, 2 embarcacións e 2 motos de auga para o GRA. E todos os anos renóvase o material do parque adaptándoo ás novas tecnoloxías.

Pola súa parte, García Touriñán falou do gran traballo levado a cabo polo servizo de bombeiros “nun ano tan difícil e complicado en que todas e todos tivemos que adaptarnos a novos protocolos e a novas maneiras de traballar”, e destacou a súa posta pola innovación. E, por último, agradeceulle á veciñanza a confianza que deposita no Servizo de Extinción de Incendios e salvamento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s