Novos pulos para o Plan de Mobilidade

O Concello avanza no seu plan de Mobilidade Coruña Camiña coa aprobación de proxectos e adxudicación de obras en todos os barrios da cidade. Neste senso, a Xunta de Goberno Local de mañá adxudicará as obras de urbanización e humanización das rúas Rafael Bárez Vázquez, Cultura e Pintor Francisco Llorens por preto dun millón de euros.

O proxecto de humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez (528.911 euros) recolle a ampliación das beirarrúas e creación de zonas de lecer coa instalación de novo mobiliario e arborado. Os traballos terán un prazo de execución de seis meses, mentres que as obras de urbanización nas rúas Cultura e Pintor Llorens (347.530 euros) executaranse nun prazo de oito meses.

Doutra banda, a Xunta de Goberno local daralles luz verde mañá ao proxecto de humanización da praza de Lugo e aos plans de peonalización das rúas Compostela, Alcalde Marchesi e Primavera co fin de mellorar a accesibilidade e ampliar o espazo peonil na cidade. Todos os proxectos contan co visto e prace da dirección xeral de Patrimonio, xa que tanto a rúa Compostela como a contorna da praza de Lugo albergan edificios catalogados, mentres que as rúas Alcalde Marchesi e Primavera vense afectadas polo Camiño Inglés.

A alcaldesa, Inés Rey, explicou que o obxectivo destas reformas é priorizar a accesibilidade peonil: “Estas actuacións responden á aposta do Goberno local por unha mobilidade máis sustentable, mais segura, e máis saudable. Un modelo de mobilidade que pon o foco nas persoas e no transporte público”.

O Goberno local, sinalou a rexedora, segue deste xeito avanzando no deseño e desenvolvemento dunha cidade pensada para camiñar, que gaña espazos urbanos de calidade para a veciñanza e que aposta por reducir a presenza de vehículos.

As obras de remodelación da praza de Lugo consisten na ampliación e urbanización das zonas peonís entre as rúas Teresa Herrera e Padre Feijoo. O proxecto, que forma parte dos orzamentos participativos 2019, busca mellorar as condicións de accesibilidade na contorna da praza de Lugo e crear un espazo público de calidade, pasando pola ampliación da zona peonil. Deixarase un carril para o tráfico rodado, para o que se eliminará un dos dous carrís existentes de calzada. Coa finalidade de facilitar o acceso, carga e descarga aos comercios da zona, proxéctase unha liña de aparcamentos e zona de uso limitado na beirarrúa de praza de Lugo.

O proxecto da remodelación da rúa Compostela, realizado polo estudo Vázquez Calatayud, contempla a peonalización da rúa coa ampliación do lousado das beirarrúas existentes. Executarase a mesma actuación no tramo correspondente á praza de Lugo até a rúa Ferrol, coa única diferenza de que se deixará un carril rodado restrinxido e se pavimentará a rúa Ferrol co ensanche das súas beirarrúas en idénticas calidades ás anteriores. Está previsto a instalación de novo mobiliario e arborado.

Doutra banda, o proxecto de remodelación das rúas Alcalde Marchesi e Primavera, firmado polo estudo Naos, inclúe a renovación do pavimento, da rede de iluminación, o axardinamento e a instalación de novo mobiliario. Tamén se habilitará un paso peonil no cruzamento de rúa Primavera coa avenida de Oza e reformarase o paso que conecta a rúa Alcalde Puga y Parga coa rúa Alcalde Marchesi.

Ademais, adxudicará as obras para a recollida de pluviais entre a rúa Juan Flórez e a praza de Ourense por un importe de 283.990 euros e un prazo de execución de 14 semanas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s