Inés Rey celebra a decisión da Audiencia da Coruña de investigar os policías que detiveron a Álex Bergantiños

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, celebra a decisión da Audiencia Provincial da Coruña para que se investiguen os dous axentes de policía pola presunta detención ilegal do xogador do RC Deportivo, Álex Bergantiños, o pasado 5 de agosto.

Tras coñecer o comunicado da Audiencia en que se ordena tomarlles declaración aos dous funcionarios do Centro Nacional de Integridade no Deporte e Apostas (CENDIPA) a rexedora reiterou que “o vivido na Coruña no Caso Fuenlabrada foi unha situación que cualificou de inaudita e vergoñenta”.

“Álex Bergantiños é un exemplo de integridade persoal e de bo facer deportivo e oxalá moitas persoas do mundo do deporte tivesen a  súa honestidade e integridade”, sinalou Rey.

A alcaldesa manifestou a súa incredulidade ante o feito de que Bergantiños fora detido por axentes chegados de Madrid cando “as persoas que puxeron en risco a todo un equipo de fútbol e a toda unha cidade, incumprindo os protocolos sanitarios, e que ademais asumiron persoalmente a responsabilidade da viaxe nesas condicións, son as que deberían ter declarado ante a xustiza e non o capitán do Deportivo”.

Así, Rey asegurou que mentres ela estea no Concello, “o Goberno local fará todo o posible para se depuren as responsabilidades do caso Fuenlabrada” e reiterou o seu “apoio a Álex Bergantiños e a todo o plantel do Dépor”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s