‘Coruña suma’ permitiu empregar a 243 persoas o ano pasado

O concelleiro de Emprego, Jesús Celemín, supervisou hoxe na Escola de Hostalaría Álvaro Cunqueiro o desenvolvemento do itinerario “Elaboración culinaria básica” no marco do proxecto “Coruña suma”, a través do cal recibiron orientación laboral 2.135 persoas no último ano, asináronse 165 convenios con empresas para realizar prácticas nunha contorna laboral real e 243 persoas atoparon un emprego. Delas, 109 foron homes e 134 mulleres.

O concellerio cualificou os datos de moi importantes, a pesar das dificultades xeradas pola pandemia da COVID-19. “A nosa intención é que a finais deste ano 950 persoas completen a súa formación co fin de que poidan atopar un emprego” .

O goberno que dirixe Inés Rey  espera que a través dos 96 itinerarios do proxecto “Coruña suma” reciban formación, até finais de 2022, un total de 1.440 persoas (o 60% serán mulleres), cunha taxa de inserción laboral do 65%. A formación, dixo o concelleiro, non é a única ferramenta da que dispón o proxecto; as prácticas en empresas da cidade e un equipo específico de mediación laboral que busca ofertas de emprego para as persoas beneficiarias completan un plan individual que se acompaña de coaching laboral e titorías para conseguir os obxectivos propostos.

O Concello desenvolve “Coruña suma” no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), financiado polo Fondo Social Europeo e xestionado polo Servizo Municipal de Emprego. Conta cun orzamento total de 5.594.142 euros e é subvencionado cunha axuda do Fondo Social Europeo do 80%, 4.475.313 euros, e unha achega municipal de 1.118.828 euros.

O edil, que mantivo un encontro co alumnado que está a piques de finalizar a súa formación específica para incorporarse ás prácticas en distintos restaurantes da cidade, explicou que o obxectivo do plan “é sumar esforzos para alcanzar a inserción laboral, sumar ilusión e capacitación”.

No desenvolvemento do proxecto traballan tres equipos técnicos, descentralizados nos barrios con maior índice de desemprego: Sagrada Familia, Labañou-Rosales e II Fase de Elviña, que lles brindan o adestramento necesario para enfrontarse con éxito ao “traballo de atopar emprego”. As persoas beneficiarias, dixo, son o centro do proxecto e por iso “Coruña suma” conta tamén cun proceso de avaliación que permite medir o impacto real das accións na vida das persoas participantes.

Desde xaneiro de 2020, o avance das actuacións do proxecto é moi notable. Destaca a sinatura dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para acreditar a formación de “Coruña suma” a través dos Certificados de profesionalidade, a creación dunha “Rede de entidades derivadoras” na que colaboran 22 organizacións sociais da cidade, a elaboración dun Manual de procedementos que introduce criterios de calidade, as accións de activación para o emprego innovadoras e deseñadas a medida das necesidades das persoas desempregadas e a impartición, ata o momento, de 21 itinerarios formativos con 5.164 horas de formación e 1.260 horas de prácticas en empresas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s