O ‘Elas son artistas’ arrinca o 16 de abril

O vestíbulo do Teatro Colón acolleu esta mañá a presentación do Festival Elas son artistas, en que participou o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, xunto co director do festival, Tomi Legido, a directora de Comunicación, Beatriz Camiña, e representantes dos concellos de Oleiros, Arteixo, Betanzos, Carral, Cambre, Sada e Bergondo. Nesta cuarta edición, o ciclo pola igualdade nas artes e na música desenvolverase do 16 de abril até o 31 de decembro en 15 sedes diferentes da área metropolitana da Coruña.

Lage Tuñas sinalou que o Goberno local traballará para fortalecer un sector clave como é a cultura no que A Coruña foi vangarda, “e volveremos situar esta cidade no lugar que nunca debeu perder”, e quixo destacar “o compromiso do Goberno de Inés Rey en materia de igualdade, está no noso ADN, no desta cidade cuxa historia está chea de relevantes figuras femininas”.

Na súa intervención, asegurou que Elas son artistas non é só un festival, senón “unha oportunidade máis para destacar a importancia da muller en todos os ámbitos e para desfrutar dun ciclo de mulleres que lideran a nosa cultura” xa que, apuntou, “cando falamos da poesía, a música, ou a danza, falamos de creatividade e de valor engadido”. O voceiro socialista recalcou que, ademais dos compromisos simbólicos, “que tamén son moi importantes, as administracións públicas debemos ofrecer recursos económicos, máis aínda neste tempo tan difícil onde a cultura non se adoita priorizar dada a situación económica que temos pola pandemia”. Aludiu ao sector cultural, un dos máis castigados pola pandemia, e lembrou que o Concello da Coruña destinou a través do PRESCO cultural máis de 800.000 euros á súa promoción poñendo a andar diferentes accións, como tamén o é este ciclo feminino metropolitano. “Somos conscientes de que agora temos menos recursos, pero os recortes non chegan aquí”, afirmou.

Pola súa banda, Tomi Legido, director deste festival que o ano pasado empregou a 84 persoas, destacou o apoio e o esforzo do Concello da Coruña desde a súa primeira edición, consciente de visibilizar a cultura e a igualdade.

O voceiro do Goberno local salientou que o ciclo é “un exemplo claro de cooperación institucional en favor da cultura e da igualdade” e apuntou que “todas e todos os veciños da área metropolitana entendemos que debemos desenvolver políticas que permitan implicar o conxunto da cidadanía non só en datas relevantes, senón todos os días do ano”.

“Temos un compromiso firme para traballar día a día sabendo que a loita pola igualdade faise de xeito transversal desde as idades máis temperás na educación, na contorna familiar, no lecer, no ámbito laboral ou na cultura, en todos aqueles lugares nos que desde o máis mínimo detalle podamos construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”, manifestou Lage. Concluíu a súa intervención apelando de forma contundente á “intransixencia e intolerancia para aquelas persoas que negan un marco legal que ampare unha sociedade máis xusta e máis igualitaria”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s