A Coruña súmase á hora do planeta

O Concello da Coruña súmase á conmemoración da Hora do Planeta apagando mañá as luces dos monumentos e edificios máis emblemáticos da cidade. Así, desde as 20.30 ás 21.30 h deste sábado a Torre de Hércules ou o Pazo municipal de María Pita quedarán ás escuras para contribuír con esta iniciativa de WWF a nivel mundial que busca chamar a atención de xeito simbólico sobre o cambio climático.

A alcaldesa, Inés Rey, valorou a iniciativa como “un xesto simbólico cunha razón importantísima como é a de frear o cambio climático”. Rey lembrou que o Concello da Coruña loita a diario, “poñendo en marcha políticas sustentables”, para reducir as emisións contaminantes na cidade.

A Hora do Planeta naceu hai máis dunha década en Sidney, en 2007, propoñendo o sinxelo xesto de apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos emblemáticos durante unha hora. Hoxe, forman parte do movemento de defensa da natureza miles de cidades de 188 países que suman o apagado de máis de 17.000 monumentos e edificios icónicos, e que se unen á cidadanía, empresas, concellos e institucións para, entre todos, mudar o cambio climático.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s