San Andrés será peonal tamén os domingos

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá a ampliación aos domingos do peche do tráfico rodado en San Andrés co fin de que a veciñanza desfrute do bulevar sen a irrupción dos coches e impulsar de paso o comercio e a hostalaría dunha zona que brillou noutrora e que se está reactivando grazas a esta iniciativa. Tras comprobar o éxito de peonalizala os sábados pola tarde, amplíase nesta xornada o horario das 16.30 até as 21.00 horas e esténdese a medida aos domingos de 10.00 a 21.00 horas nunha aposta por crear máis espazos públicos e que as persoas sexan protagonistas.

Neste aspecto, coincidirá coa apertura este sábado do peirao de Transatlánticos á cidadanía: “Os coruñeses volveremos ver a cidade deste este peirao 20 anos despois. É unha gran nova que celebramos desde o Concello e que levabamos pedindo desde hai moitos meses”.

Canto a San Andrés, o Goberno de Inés peonalizouna por primeira vez con motivo do Día sen Coches no pasado mes de setembro, e seguiuno facendo durante os sábados seguintes despois de que tanto veciñas/os como comerciantes comprobasen que a rúa recuperaba o ambiente que tiña no pasado. Desta forma, esta medida provisional será a antesala dunha gran reforma en que San Andrés se converterá nunha espiña dorsal sobre a que se asentará un modelo de espazo público diverso, compacto e socialmente cohesionado. A humanización desta rúa conseguirase gañando metros cadrados para a estancia e o lecer, reforzados con mobiliario urbano e árbores, así como impulsando o seu carácter comercial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s