A Coruña e Avilés, aliadas polo futuro das plantas de Alu Ibérica

reunión asturias ines rey alu iberica

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, viaxou a Asturias para reunirse coa alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín, e cos comités de empresa de Alu Ibérica da Coruña e Avilés para abordaren as actuacións a seguir co fin de garantir o futuro das plantas de Alu Ibérica.

Inés Rey pedirá a o Estado e á Xunta, xunto ca súa homóloga en Avilés, Mariví Monteserín, a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento de Alu Ibérica co fin de buscar una solución inmediata que garanta a actividade industrial das dúas plantas. Entende que Alcoa é a máxima responsable dos incumprimentos dos acordos fixados na venda das fábricas e concorda cos comités da empresa na suposta ilegalidade do proceso especulatorio dos actuais propietarios, agora investigados pola Xustiza.

“Hoxe adquirimos un compromiso firme de trasladar á Xunta de Galicia, con competencias directas en Industria, e tamén ao Estado, a necesidade de convocar xa non una Mesa de Seguimento de Alu Ibérica, senón una mesa xeral para garantir os investimentos, os postos de traballo e un proxecto para o aluminio con independencia do camiño xudicial ao que non podemos agardar posto que urxe darlle una solución inmediata da man dos traballadores e das institucións con competencias na materia”, sinalou a rexedora coruñesa.

Mediamos ante o Ministerio de Industria, estaremos en permanente contacto coa Delegación do Goberno e solicitaremos á Xunta de Galicia que se implique directamente na busca dunha solución de futuro para a planta de aluminio na Coruña, unha “solución que pasa directamente pola implicación da administración autonómica en Galicia”, asegurou Rey, “non só porque é a Xunta a que ten as competencias en Industria, senón porque é, co Estado, a Administración con recursos suficientes para aportar solucións”.

Rey apuntou que “mantemos unha fronte común co Concello de Avilés, un municipio que está a vivir o mesmo problema ca nos, e con eles, da man, faremos máis forza”.

Así, a rexedora manifestou a súa preocupación “polo que está a acontecer coa antiga Alcoa e pola situación laboral actual”. Rey lembrou que, no seu día, “xa solicitamos que se analicen polo miúdo as sucesivas vendas de Alcoa a Parter Capital primeiro e ao Grupo Riesgo despois” e asegurou que, pola súa banda, non se aceptarán xogos “con algo tan esencial como é o mantemento da actividade industrial”.

Rey indicou que o seu executivo segue “con moita atención os distintos procedementos xudiciais abertos sobre as ditas transaccións, tamén o que está en curso na Audiencia Nacional no que se dirime a legalidade da venda por non terse cumprido os termos dos acordos asinados” e, neste proceso, sinalou, “apoiamos tamén a postura das e dos traballadores e esiximos que, en caso de nulidade, se cumpran os termos dos acordos asinados no seu día cos representantes do persoal traballador”.

A alcaldesa da Coruña concluíu manifestando que se está a facer “todo o que está nas nosas mans en apoio do persoal traballador e das súas demandas, e saben que poderán contar con nós no que precisen”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s