A Coruña en feminino ofrece unha ruta pola cidade a través de seis dos seus referentes

yoya

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou este mediodía na praza de María Pita a nova APP A Coruña en Feminino, unha iniciativa pioneira que se enmarca dentro dos actos conmemorativos polo 8M, e que se poderá descargar desde mañá, de modo que a veciñanza se achegará á vida de seis mulleres emblemáticas a través da tecnoloxía da realidade aumentada.

A edila explicou que se trata dunha forma sinxela e dinámica de visibilizar o legado destas referentes que tiveron unha vinculación estreita coa Coruña. As seis localizaranse en diferentes puntos da cidade, en que deixaron fondas pegadas, e todas están caracterizadas segundo a súa época, polo que coinciden en aspecto coa imaxe que gardamos delas grazas ao traballo da empresa Xoia Software. Así, o Goberno de Inés Rey pretende darlle exemplos á mocidade de mulleres que acadaron grandes metas en ámbitos en que apenas tiñan presenza daquela e noutros por impulsaren novos métodos de aprendizaxe como María Barbeito.

Desta forma, Elvira Bao, nada en 1890, aparecerá en María Pita para contar da súa militancia no Partido Galeguista e como formou parte das Irmandades da Fala e mais presidiu a Agrupación Republicana Feminista: “polo que foi detida durante meses ao inicio da Guerra Civil”. Yoya engadiu que Concepción Arenal saudará nos xardíns de Méndez Núñez. A escritora, visitadora de cárceres e precursora do traballo social, “tivo que se disfrazar de home” para acudir ás clases de Dereito en Madrid. Fanny Garrido sairá ao paso na rúa Tabernas polo seu pasado como membro da Real Academia Galega. A que firmou libros baixo o pseudónimo de Eulalia de Liáns explicará o momento fundacional da Sociedade de Folclore Galego, que máis tarde presidiría Concepción Arenal.

A concelleira sinalou que se Rosalía de Castro se situará aos pés do seu teatro, María Barbeito colocarase xunto ao Eusebio da Garda, na praza de Pontevedra,  como defensora da educación obrigatoria, pública e gratuíta para acabar coas desigualdades, “a que foi precursora da ensinanza, creou tamén unha biblioteca e un comedor”. Por última, a recreación de Sofía Casanova a tamaño real en San Andrés relatará a súa experiencia ao se converter na primeira corresponsal española que saiu fóra do país a informar e tamén como enfermeira voluntaria.

A aplicación estará dispoñible de maneira gratuíta no Android Market e no Apple Store co nome A Coruña en feminino. Unha vez que se realiza o ingreso na app, esta xeolocalizará ás persoas usuarias ás que lles amosará un mapa da Coruña cos puntos a visitaren, propoñendo rutas para chegaren a eles. Nesas localizacións, e cunha precisión de 25 metros, activarase a opción de executar a realidade aumentada e nas pantallas aparecerá a muller en cuestión, que comezará a súa locución

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s