A Coruña, referente de cultura científica

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acudiu esta mañá ao Aquarium Finisterrae para presentar a nova exposición que acolle o museo científico municipal, titulada ‘A campaña do Argus’, que amosa unha colección de imaxes realizadas polo fotógrafo e mariño australiano Allan Villiers, reporteiro de National Geographic, quen embarcou na primavera de 1950 no buque Argus con pescadores portugueses, nunha viaxe que o levou desde Lisboa ata os bancos de Terranova.

Inés Rey cualificou a mostra como “unha historia tipicamente atlántica que non podía ter mellor escenario para se mostrar que este Aquarium”. “Dicía o autor que calquera bote salvavidas era un transatlántico ao carón dos que usaban, en mar aberto, aqueles pescadores. Esta imaxe explica moi ben ante o que estamos: o testemuño gráfico duns tempos que non nos son tan afastados, senón que remiten a unha actividade que se desenvolveu tamén na nosa cidade, cando aquí operaban aqueles que se coñeceron como ‘homes de ferro en barcos de madeira'”, engadiu a alcaldesa.

“Os presentes días de vacacións son propicios para o ocio cultural, para o que A Coruña ofrece un feixe de posibilidades, con mostras coma esta, en que se combinan beleza e coñecemento. As coruñesas e coruñeses podemos dicir con orgullo que a nosa programación de cultura científica é un referente en todo o Estado. Isto púxose en valor durante a pandemia, non só polo traballo que están facendo os seus e as súas profesionais para manteren o contacto co público, senón tamén polo seu labor a prol do coñecemento científico, afastado de noticias falsas e manipulacións, algo agora máis necesario que nunca”, indicou Inés Rey.

A alcaldesa estivo acompañada na presentación da mostra -procedente do Museo de Ílhavo, en Portugal- por Patricia Varela Amado, vicepresidenta de GALP (Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro) Ártabro Sur, e mais polo xefe de servizo dos Museos Científicos, Marcos Maldonado, e o director de área de Cultura, Rómulo Sanjurjo.

A exposición estará aberta na Sala Isabel Castelo do Aquarium até o 26 de xuño, de luns a domingo (de 10.00 a 19.00 horas). Por mor da pandemia, as persoas interesadas en visitar o museo, deberán realizar unha reserva previa de entradas a través de https://ticketing.coruna.eu/mc2-aq/.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s