O Concello reclama compensacións económicas para as 80 persoas mariscadoras da ría do Burgo

O Concello da Coruña comprométese a intervir e axudar no que faga falta as persoas mariscadoras da ría do Burgo para que se resolvan as compensacións económicas ás e aos 80 mariscadores profesionais polo tempo de paralización da súa actividade durante as obras de dragaxe da ría cullerdense. Así o manifestou esta tarde a concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, despois de reunirse en María Pita co patrón maior da Confraría de Pescadores da Coruña, Felipe Canosa; e os directivos da Agrupación de Marisqueo a Pé, Manuel Baldomir e Santiago Vázquez.

Fontán apuntou que o executivo de Inés Rey instará a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado a “compensar as mariscadoras e os mariscadores da ría do Burgo polas perdas económicas ao teren que paralizar a súa actividade mentres non se garantan as condicións óptimas para a práctica do marisqueo con total normalidade”. Así, a concelleira indicou que “o Goberno local tratará directamente este asunto que é de vital importancia para nós co novo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones”.

Na reunión mantida esta tarde no Consistorio, a Confraría de Pescadores da Coruña tamén lle comunicou á edil a súa preocupación ante a proposta de modificación do regulamento europeo do control pesqueiro, que supón un incremento das medidas de control para a frota de baixura, e á que a concelleira de Medio Ambiente lles manifestou o seu apoio. Fontán destacou que “o Concello da Coruña está a favor de que exista un control das boas prácticas pesqueiras, pero non de que se apliquen medidas de control propias da frota de altura á frota de baixura” e, sinalou, “é preferible que os recursos que se van empregar nestas medidas de control se utilicen para loitar contra o furtivismo, que é un verdadeiro problema para o noso medio ambiente e o noso sector pesqueiro”.

Esther Fontán lembrou que o pasado 11 de marzo o Concello da Coruña asinou a Declaración de apoio na “Mesa da ría” xunto a representantes da propia mesa, o Concello de Cambre e Culleredo, a Plataforma en defensa da ría, a Universidade da Coruña e a Confraría de Pescadores da Coruña. Nesa comisión tamén se acordou que, con carácter previo ao inicio da dragaxe, debería constituírse unha comisión de seguimento na que estean representadas todas as entidades implicadas no proxecto, así como os axentes sociais que poidan verse afectados pola dragaxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s