A UDC, pola eficiencia enerxética

A Universidade da Coruña está a finalizar as obras correspondentes aos proxectos de mellora da eficiencia enerxética en seis dos seus edificios cun investimento total de 2.750.414,51 euros. O 80% deste investimento está subvencionado pola Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) cos Fondos FEDER, o que supón a cantidade de 2.200.331,61 euros. O resto, 550.082,90 euros, finánciase con fondos propios da Universidade.

O plan de eficiencia que está desenvolvendo a Universidade da Coruña inclúe actuacións de optimización enerxética nos edificios da Normal, Campus de Riazor, na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Humanidades, Campus de Ferrol, e de mellora enerxética na Reitoría, na Escola Técnica Superior de Arquitectura, Campus da Zapateira, e no Pavillón de Deportes, Campus de Elviña. Estas obras permitirán obter unha porcentaxe de aforro de enerxía primaria non renovable mínima do 25%, chegando ao 48% nalgún centro, e evitarase a emisión de 706tCOao ano. Ademais, a UDC conseguirá un aforro económico duns 240.000 euros ao ano.

As obras na Reitoría, cun investimento de 517.870,60€, inclúen traballos de climatización e iluminación LED, que permitirán un aforro de enerxía do 33%. Os avances na eficiencia enerxética no Pavillón universitario acadan un coste de 696.828,46 euros, cunha baixada de consumo enerxético do 26%.

Visita do conselleiro Francisco Conde á ETSAC
O reitor da UDC, Julio Abalde, recibiu esta mañá ao conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, na Escola Técnica Superior de Arquitectura a onde acudiu para coñecer o estado das obras de mellora enerxética en marcha neste centro. Na visita estaba ademais a vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade, Amparo Casares, o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Domingo Calvo, o xerente da UDC, Ramón del Valle, e o director do centro, Plácido Lizancos, así como a directora de Planificación Enerxética da Xunta, Paula Uría, e o Delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

O reitor agradeceu á Xunta o apoio orzamentario que permitirá a transformación de seis edificios da UDC desde o punto de vista enerxético. Abalde puxo a Escola de Arquitectura como exemplo do cambio pois “pola súa estrutura e forma de construción era dificilmente sustentable”.

O conselleiro, pola súa banda, agradeceu ao reitor e ao seu equipo que “puxesen sobre a mesa” proxectos como este pois a colaboración coas universidades serve para que estas sexan “un escaparate, un exemplo e unha referencia sobre como impulsar a eficiencia enerxética e desenvolver proxectos que melloren a habitabilidade dos edificios e o aforro económico”.

As obras de mellora enerxética en Arquitectura están valoradas en 453.975,06€ e consisten en:

– 1.462m2 de substitución de carpintería exterior. Pásase de vidros simples a vidros dobres.

– 1.289 unidades substituídas de lámpadas actuais para adaptalas a tubos LED, elimináronse as reactancias e os cebadores de tubos fluorescentes ou transformadores.

– 85 unidades detectores para sistema de acendidos con detección de presencia e equilibrado lumínico (iluminación natural) por zonas de uso e ocupación.

– Cuberta de patio de 196m2, para un aproveitamento de 130m2 útiles con novo uso para a escola. Diminución da envolvente do edificio, maior compacidade.

– Izado da pirámide de 13,5×13,5m y 4,5tn de peso desde a planta superior do aparcamento ata a cuberta da escola a 25m da planta de acceso, cun guindastre de 70m de altura, a manobra de izado fíxose en catro horas. A pirámide apóiase en 28 ménsulas no perímetro do patio, está cuberta con 191,76m2 de dobre policarbonato celular de 20mm de espesor.

Estas obras permitirán un aforro enerxético de emisións de 189,30tCO2, o que representa unha porcentaxe de aforro de enerxía primaria non renovable do 44%. A cualificación enerxética da Escola pasará do grupo E a estar no grupo B.

Proxecto da NORMAL
O proxecto do edificio da NORMAL, no campus de Riazor, xa rematado, inclúe iluminación LED, renovación da caldeira, monitorización enerxética e instalación en cuberta de paneis fotovoltaicos, cun investimento total de 368.025,59€.

As obras na NORMAL centráronse principalmente en reducir os maiores perfís de consumo dos edificios: a climatización e a iluminación. Así realizouse unha importante actuación na sala de caldeiras, instaláronse sensores e detectores de presenza así como lámpadas LED. As actuacións que farán deste un edificio de consumo cero inclúen a instalación de placas solares. O aforro de emisións anual da NORMAL será de 189 tCO2.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s