Teatro no centro Ágora: ‘Bravas’.

O auditorio do centro sociocultural Ágora acolle este xoves, 15 de abril, o festival “Con voz de primavera”. O evento comezará ás 19h e está organizado pola Asociación Veciñal Agra do Orzán en colaboración co instituto Agra do Orzán e o Concello. Nesta edición, o festival forma parte do programa “Agra no Ágora”, con financiamento municipal.

A pandemia impide que este ano se desenvoolva a actuación da comunidade escolar. Porén, terá lugar un espectáculo teatral, “Bravas. A nosa historia, con saias e a rachar”, para todos os públicos; organizado en dous pases: un pola mañá para o alumnado do IES Agra do Orzán e outro pola tarde para o público xeral.

Bravas é o segundo espectáculo unipersoal da actriz Isabel Risco, con textos de Clara Gayo, Paula Carballeira, Roi Vidal, Xurxo Barcala, Fran Rei e ela mesma, para levar á escena a muller galega de calquera tempo pasado, presente ou futuro. É unha produción de Culturactiva e Maquinaria Pesada.

A sesión da tarde, para o público xeral, comeza ás 19h. A entrada é de balde, sen reserva: as 90 prazas serán asignadas por orde de chegada. O acceso será pola porta posterior do Centro Ágora, que abrirá ás 18:30 h.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s