O Concello pelexa por permanecer no caso Fuenlabrada

A alcaldesa, Inés Rey, confirmou esta mañá que o  Concello recorreu a decisión do xuíz do Xulgado Número 6 da Coruña que exclúe do caso Fuenlabrada ao Concello e ao Deportivo da Coruña ao aceptar o recurso presentado pola liga e considerar que non foron prexudicados. O Concello, sinalou alcaldesa, solicitará seguir presente na causa aberta contra o club madrileño.”Os servizos xurídicos do Concello xa presentaron o recurso fronte a esta decisión;  evidentemente respectamos todas as decisións  xudiciais, pero esgotaremos todas as vías en defensa daos intereses da posición do Concello da Coruña”, dixo.

A alcaldesa reafirmouse unha vez máis nas declaracións feitas hai un ano: “Ceo que se puxo en risco a unha cidade ao decidir viaxar cun equipo que tiña persoas contaxiadas de Covid 19 incumprindo os protocolos sanitarios, e o labor do Concello naquel momento, a nosa obriga, era protexer a saúde de toda a cidadanía a así o fixemos, e así o seguiremos defendendo até o final”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s