Anunciado o convenio para a Intermodal

Adif anunciou hoxe a aprobación do convenio para a Estación Intermodal da Coruña. “Un paso definitivo de cara a desbloquear esta importante infraestrutura para a cidade, que levaba doce anos paralizada”, valorou Inés Rey, a alcaldesa. Para a rexedora, isto é froito do diálogo constante e recorda que desde a executiva local se solicitaron os informes pertinentes da Administración Xeral do Estado para selar o inminente acordo entre Adif, Xunta e Concello.

A Estación Intermodal súmase así a outras grandes infraestruturas que se desbloquearon nos últimos meses como a conexión ferroviaria a Punta Langosteira, a Cidade das TICs, o centro de Santa Lucía e o novo CHUAC.

Recorda a rexedora que desde que iniciou o mandato, o seu goberno levou a cabo as modificacións urbanísticas oportunas co fin de facer realidade este gran proxecto, clave para reorientar a mobilidade da comarca. De feito, lembrou que na sesión plenaria do 8 de abril, a corporación sacou adiante de maneira inicial a modificación puntual do Plan xeral do 2013 no sector ferroviario da Estación de San Cristovo (avenida do Ferrocarril), o que posibilitou avanzar na Intermodal. Deste xeito, foi posible adaptar o proxecto de ADIF para a terminal de trens e adaptalo ao plan que a Xunta executará na estación de autobuses. Anteriormente, aprobárase de maneira provisional a modificación do ámbito da avenida da Sardiñeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s