Convocados os premios Prismas Casa das Ciencias

O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca a XXXIV edición dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, en que se premiarán cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Texto inédito e audoeditado, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cunha remuneración de 4.000 euros.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que “nestes tempos de pandemia os Prismas á Divulgación teñen unha relevancia especial, pois agora, máis que nunca quizais, o labor de xornalistas, divulgadores/as e comunicadores/as é fundamental para que a ciencia, tanto nos seus fundamentos como nos seus avances, chegue de forma comprensible a toda a cidadanía”.

As persoas que desexen participar nesta convocatoria dos Prismas á Divulgación poden presentar os seus traballos e candidaturas antes do 30 de xuño para a modalidade de libros editados, e antes do 31 de xullo nas demais categorías.

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 20 de novembro de 2021.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s