‘Vermellos e laicos’ recupera a memoria da represión no ensino

O concelleiro de Educación presentou esta mañá na Casa museo Casares Quiroga o libro “Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés”, xunto ao seu autor, Narciso de Gabriel, e o editor de Galaxia, Francisco Castro

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, participou esta mañá na presentación do libro “Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés”, de Narciso de Gabriel, e co que a editorial Galaxia abre unha nova colección dedicada á memoria histórica. Xunto ao editor da firma, Francisco Castro, e ao propio autor, o edil contou que acolleu desde o primeiro momento con moita ilusión a publicación deste volume por ser docente e pola necesidade de “gardar na memoria a todas estas vítimas, que non cometeron outro delito que o de exercer a súa profesión”.

Celemín sinalou que o Concello como promotor deste proxecto repartirá exemplares polas bibliotecas e centros educativos para que a veciñanza sexa testemuña dunha época que agardamos que non se volva repetir. O edil tivo unhas palabras para os 24 mestres e dúas mestras coruñesas da ensinanza pública asasinadas das que De Gabriel fala no texto, que sufriron en vida todo o proceso en que os libros repletos de coñecemento se transformaron en dogmas do movemento e en que deixou de haber xogos en grupos e o mal comportamento se castigaba con sancións “merecidas”. As nenas, pola súa parte, eran indignas do maxisterio e “quedaban recluídas aos seus labores”. Celemín lembrou que aquelas e aqueles “contaminados” da república, arrancáronos da docencia e extermináronos, “empezou a persecución, os arrestos, o estrangulamento de ideas, a tortura e mais a morte…”, e foise apagando a chama da democracia para faceren desaparecer as profesoras e profesores baixo o crisol da tortura.

Pola súa parte, Francisco Castro destacou a iniciativa de Galaxia ao lle dar espazo á memoria histórica neste momento en que moitas persoas din que non hai que falar dela para evitar que se abran feridas “como se as feridas non se curasen sacando todo á luz”. Engadiu que o título resume o espírito daquela época, onde o fascismo foi en primeiro lugar contra as persoas con formación, as mestras e mestres.

Neste aspecto, Narciso agradeceulle á alcaldesa, Inés Rey, e a toda a corporación que apoiasen esta publicación e recordou que “vermellos” e “laicos” eran os dous condicionantes para levar a cabo a depuración do profesorado por parte do réxime: “Incluíanse en vermellos todas as persoas que non apoiaban a sublevación e laicos no sentido que asumiron o laicismo nas escolas aprobado pola república”. O experto describe de xeito rigoroso os cargos que lles impuxeron, unha represión que ía desde a morte á sanción administrativo, e que tamén afectou a grupos sociais e profesionais nunha “revisión dunha tremenda inxustiza”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s