Día da Ciencia no Teatro Colón

O escenario do Teatro Colón acollerá este sábado 8 o alumnado de 17 centros escolares da Coruña, Betanzos, Cambre e Culleredo que presentarán actividades e experimentos científicos ante o alumnado e profesorado participante. As presentacións de cada centro iranse sucedendo de forma individual sobre o escenario, en 3 bloques temporais que van de 09.45 a 12.00 horas, de 12.30 a 14.30, e de 16.30 a 19.00 horas. A alcaldesa, Inés Rey, manifestou a importancia de lle dar continuidade á festa da ciencia nunha nova edición adaptada ás circunstancias sanitarias: “Trátase dunha cita obrigada no calendario da cidade e máis aínda cando a actualidade nos confirma que non podemos deixar de lado a investigación e a divulgación científica e que as administracións deben impulsar a ciencia desde a escola”.

Esta edición especial chega nun cambio de ciclo, tras unha exitosa traxectoria de 24 anos organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da man do seu presidente Javier Novelle, falecido hai uns meses. O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos e coa colaboración de EMALCSA e a Cátedra UDC-EMALCSA, dálle un novo impulso a este evento nun formato que permite continuar coa actividade divulgativa adaptándose ás circunstancias sanitarias.

Entre as actividades que se presentarán haberá xogos sensoriais relacionados coa natureza; experimentos coas ondas; a fabricación de vagalumes artificiais; a recreación de ambientes futuristas; un baile con traxes adornados con luces led, demostracións sobre a electrólise da auga; un medidor de pH con substancias naturais; a elaboración de bioplásticos con fécula de millo; exhibición de aparellos construídos polo alumnado, como un medidor de CO2 ou un respirador artificial; xogos de topoloxía e escapismo; xogos matemáticos; experimentos relacionados con reaccións químicas, con efectos visuais rechamantes, e outros relacionados cos elementos da táboa periódica; análise de compoñentes dos alimentos; experimentos sobre a propagación do son; ou actividades maker relacionadas co mundo forestal. Ademais, o profesorado e alumnado do IES Rosalía Mera presentarán actividades de robótica coas que homenaxearán a Javier Novelle.

Os centros que participarán nesta edición son: IES Menéndez Pidal, CEE María Mariño, IES Rosalía Mera, Colexio Montespiño, Colexio Franciscanas, EI Monte Alto, EI Os Cativos, Colexio Internacional Eirís, Colexio Maristas,  IES David Buján, IES Eusebio da Guarda,  CPR Nosa Señora do Carmen, IES Elviña, CPR Andaina, IES Agra do Orzán, IES Rego de Trabe e CPR A Grande Obra de Atocha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s