O BNG pide que a SEPI tome o control de Alu Ibérica

Jorquera na concentración de traballadores de Alu Ibérica. Décimo xoves consecutivo.

O grupo municipal do BNG ve positivo que a Audiencia Nacional decretase a intervención xudicial de Alu Ibérica, “dados os comportamentos obviamente irregulares da empresa, reiteradamente denunciados polo seu cadro de persoal”, sinalan.

“Pasada a intervención xudicial, a SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) ten que tomar o control de Alu Ibérica, tendo en conta que estamos ante unha empresa dun sector estratéxico. Desde o BNG, en concordancia co que defenden os traballadores da planta coruñesa, sempre defendemos a intervención desta factoría”, salienta o portavoz nacionalista no Concello, Francisco Jorquera.

O voceiro nacionalista lembra que a venda de Alu Ibérica por parte de Parter Capital ao Grupo Riesgo foi supervisada e tutelada tanto pola Xunta como polo Ministerio de Industria, mentres que o BNG sempre advertiu que a operación tiña un “claro componente especulativo”.

O BNG levou este asunto ao Pleno do Concello en maio pasado cunha moción onde defendía a incorporación de Alu Ibérica ao sector público.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s